Friday 10 de May de 2024

A Biblioteca Municipal de Brión inicia mañá sábado unha nova etapa do Club Camaleón


 

O Concello de Brión retoma mañá sábado 20 de outubro o Club Camaleón, unha actividade de animación á lectura da Biblioteca Municipal de Brión dirixida a nenos e nenas de 3 a 8 anos de idade acompañados dun adulto. A sesión terá lugar de 12:00 a 13:15 horas na sala infantil da biblioteca brionesa e a participación é totalmente gratuíta, previa inscrición na propia biblioteca ou no teléfono 981 50 99 69.

O Club Camaleón incorpora este ano un novo equipo de monitores/as que tratarán de achegar de forma lúdica aos máis pequenos ao mundo dos libros, potenciando a lectura colectiva e individual, así como a súa creatividade, para o que tamén organizarán obradoiros artísticos-creativos. Ademais, este ano tamén cambia a periodicidade das sesións, que pasan de mensual a semanal. Así, a partir de mañá sábado e ata finais de ano, o Club Camaleón reunirase todos os sábados, ás 12:00 horas, na biblioteca municipal de Brión.